domingo, 21 de febrero de 2010

FRAGMENTO II

...pero había unha cara descoñecida para min, era outra rapaza, fixeime nela inmediatamente ao chegar, sorprendeume a súa pel morena, e non quero parecer esaxerado pero era a rapaza máis fermosa que tiña visto na miña vida sen dúbida algunha. Tiña o pelo moi longo, rizo e escuro, moi escuro, semellaba un fio de seda negra e brillante, ademais deses caracois que tanto me engaiolaran dende o primeiro momento, outra das cousas que me chamou a atención foron os seus ollos, ao igual que o seu cabelo, tamén eran case de cor negra, tanto que semellaban non ter meniñas, simplemente un gran iris da cor do acibeche...

3 comentarios: